domingo, 9 de octubre de 2016

COÑECENDO OS COGOMELOS





Durante o mes de outubro e novembro, o alumnado de 1º e 2º de ESO,PEMAR e FP Básica  están a traballar cos cogomelos: recoñecer as súas características, o seu hábitat, as súas peculiaridades e, sobre todo, distinguir se son ou non comestibles. 
 Realizaron unha recolección e unha exposición dos mesmos, ademais de elaborar un mural coa información recollida.Tamén se fixo unha presentación e un vídeo.
 Agora van elaborar un caderno persoal con todos eses datos. 
Traballarase de xeito plurilingüe de xeito interdisciplinar con castelán, inglés e francés.
Relacionado con isto, aportarán receitas de como cociñalos e, farase para todo  o Centro, unha degustación das mesmas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario