miércoles, 17 de mayo de 2017

17 MAIO:DÍA DAS LETRAS GALEGAS





CARLOS CASARES

(LETRAS GALEGAS 2017)



IMAXES BIBLIFONSA-EDL COAS LETRAS GALEGAS

MELLOR EN GALEGO
A NOSA LÍNGUA PRECISA SER FALADA,AMADA E VALORADA..!!!  






RESEÑA: VIDA E OBRA DE CARLOS CASARES

Carlos Casares Mouriño naceu no ano 1941 en Ourense, cidade que marcou a súa obra.
Con tres anos vai cos seus pais a Xinzo de Limia ,onde o seu pai exerce de mestre.
A infancia no medio rural,na aldea, vai marcar a súa obra.
Ingresa no Seminario de Ourense onde non se permite falar galego,que fai amosar un espíritu inconformista,escribindo en galego de forma clandestina.No Seminario  escribe á man ,un xornal de contido crítico burlesco,"El Averno",onde conta as prohibicións ás que estaba sometido o alumnado entre as que se atopa falar o galego.
Estudiou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Exerceu a docencia desde 1969, en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo.  Faleceu en Nigrán( Vigo) o 9 de marzo de 2002.
Comezou a escribir moi novo , no 1965 publicaba os seus primeiros relatos na revista Grial
 Hai dúas etapas na produción narrativa de Carlos Casares. Unha primeira, caracterizada no plano temático pola ambientación das obras no período franquista e a utilización de elementos autobiográficos, e no plano formal polo emprego de técnicas narrativas innovadoras (monólogo , ruptura temporal...). Debido a isto último, pódese encadrar a súa obra dentro da denominada Nova Narrativa, aínda que Casares non parecia participar deste encadre.  
As obras máis representativas deste período son Vento ferido (1967), que é un conxunto de doce relatos, e a novela Cambio en tres (1969).
 En 1975 publicou Xoguetes pra un tempo prohibido, novela pola que recibiu os premio Galaxia e Premio da Crítica española. 
Esta obra, que reflicte a infancia e a adolescencia dos protagonistas na España franquista da posguerra, cerra a primeira etapa da súa produción e marca a transición á seguinte. 
Na segunda etapa, Casares abandona o experimentalismo formal e recupera formas tradicionais de contar, ao tempo que elimina as pegadas autobiográficas. Nas primeiras obras desta etapa recrea, tinxidos de humor e ironía, períodos históricos máis recuados no tempo: Os escuros soños de Clío (1979, Premio da Crítica galega) e novela  Ilustrísima (1980).  Nas súas últimas novelas, Casares voltou sobre a nosa historia recente, sobre o ambiente das vilas galegas na guerra e na posguerra: Os mortos daquel verán (1987) e Deus sentado nun sillón azul (1996). 
Como narrador ocupa un lugar indiscutíbel na historia da literatura galega.
 Ademais da súa condición de novelista, Casares escribiu literatura para nenos con obras como A galiña azul (1968) ou a peza dramática As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973, Premio "O Facho"). Tamén hai que salientar o seu papel como biógrafo de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros Enriquez, Ramón Piñeiro, Vicente Risco, Ánxel Fole, e como derradeira biografía doutro literato, a do Padre Sarmiento. 

 Como ensaísta podemos citar Hemingway en Galicia (1999) ou Un país de palabras (1998). A Xunta de Galicia recoñeceu o seu enorme labor concedéndolle, en 1989, o premio á creación cultural.
  Foi colaborador  habitual, durante catorce anos, da prensa coa columna "A marxe", en  La Voz de Galicia,  recibiu tamén os premios de xornalismo "Fernández-Latorre", en 1983, e o "Julio Camba", en 1995. Algúns destes artigos foron recompilados no volume Na marxe de cada día (1994).
 Ingresou na Real Academia Galega en 1978, foi deputado polo PsdeG-PSOE en 1981, dirixiu a Editorial Galaxia, a revista Grial, e presidiu o Consello da Cultura Galega desde 1996. 

Axudou a redactar a Lei de normalización lingüística fundamental para a nosa língua,posibilitando a entrada do ensino en galego.
Tamén foi importante o seu impulso para a creación da RTVG.
Según se establece na RAG a súa obra clasifícase: 
Narrativa
Vento ferido. Vigo: Galaxia, 1967.
Cambio en tres. Vigo: Galaxia, 1969.
Xoguetes pra un tempo prohibido. Vigo: Galaxia, 1975.
Os escuros soños de Clío. Santiago de Compostela: Edicións do Cerne, 1979.
Ilustrísima. Vigo: Galaxia, 1980.
Os mortos daquel verán. Vigo: Galaxia, 1987.
O galo de Antioquía. Santiago: Castromil, 1994.
Deus sentado nun sillón azul. Vigo: Galaxia, 1996.
Un polbo xigante. Vigo: Galaxia, 2000.
O sol do verán. Vigo: Galaxia, 2002.
Literatura infantil
A galiña azul. Vigo: Galaxia, 1969.
As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas. Vigo: Galaxia, 1973.
O can Rin e o lobo Crispín. Vigo: Galaxia, 1983.
Este é Toribio. Vigo: Galaxia, 1991.
Toribio contra o profesor Smith.Vigo: Galaxia, 1991.
Toribio e o contador de contos. Vigo: Galaxia, 1991.
Toribio ten unha idea. Vigo: Galaxia, 1992.
Toribio revoluciona o tráfico. Vigo: Galaxia, 1994.
Lolo anda en bicicleta. Vigo: Galaxia, 1996.
Estudos e ensaios biográficos
Semblanzas, entrevistas Coas raíces na terra: 18 figuras galegas. Vigo: Galaxia, 1980.
Curros Enríquez. Vigo: Galaxia, 1980.
Vicente Risco. Vigo: Galaxia, 1981.
Otero Pedrayo. Vigo: Galaxia, 1981.
Conversas con Ánxel Fole. Vigo; Galaxia, 1981.
Vida, obra e milagres de Xan da Cova. Vigo: Diario 16 de Galicia, 1992 [con X. Alonso Montero].
Ramón Piñeiro, unha vida por Galicia. Caixa Galicia, 1991.
Ramón Piñeiro. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1996.
A vida de Ánxel Fole. Vigo: Galaxia, 1996.
Un país de palabras. Vigo: Galaxia, 1998.
Hemingway en Galicia. Vigo: Galaxia, 1999.
Biografia de D. Juan de la Coba. Vigo: Galaxia, 2000.
A vida do Padre Sarmiento. Vigo: Galaxia, 2001.
Gonzalo Torrente Ballester. O escritor, o amigo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2002.
Artigos na prensa
Na marxe de cada día. A Coruña: La Voz de Galicia, 1994.
Valcárel, M. (ed.), Carlos Casares, punto de encontro. Ourense: Concello de Ourense, 2002.
Á marxe: palabra de escritor (2 de xaneiro – 10 de marzo de 2002). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2003.
Carlos Casares. 100 artigos. A Coruña: La Voz de Galicia, 2004.
Á marxe, 1992. Obra xornalística I. Vigo: Galaxia, 2005.
Á marxe, 1993. Obra xornalística II. Vigo: Galaxia, 2005.
Á marxe, 1994. Obra xornalística III. Vigo: Galaxia, 2006.
Á marxe, 1995. Obra xornalística IV. Vigo: Galaxia, 2006.
Á marxe, 1996. Obra xornalística V. Vigo: Galaxia, 2007.
Á marxe, 1997. Obra xornalística VI. Vigo: Galaxia, 2007.
Á marxe, 1998. Obra xornalística VII. Vigo: Galaxia, 2008.
Traducións ao galego
DE SAINT EXUPÉRY, A. O principiño. Vigo: Galaxia, 1972.
GRIPE, M. Os escarabellos voan á tardiña. Vigo: Galaxia, 1989.
HEMINGWAY, E. O vello e o mar. Vigo, Galaxia, 1998.
TORRENTE BALLESTER, G. La Bella Otero, París: Raíña Lupa / Santiago: Consorcio, 2000.
TORRENTE BALLESTER, G. Doménica. Madrid: Espasa Calpe, 1999.







lunes, 8 de mayo de 2017

EDL CON CLASES SEN FUME.

Novamente participamos e colaboramos nos Plans Proxecta do Centro e aquí temos as fotos da sesión informativa e realización da coximetría por parte da Coordinadora Provincial de " Clases sen Fume"
Todo o alumnado atento e participativo.
Algunhas imaxes da sesión:























jueves, 4 de mayo de 2017

CORRLÍNGUA 2017


O noso centro participou de novo no Correlíngua.
O alumnado espera con ilusión este día, no que a nosa língua é a protagonista.
Baixo o lema "O galego, sen cancelas"traballaron arreo para elaborar a súa pancarta coa que acadamos o 2º premio.
Sentímonos ledos , ilusionados e preparados para no próximo Correlíngua.
Parabéns!!!



IDEA DE ANA  BOHRER CID (1º ESO)









ELABORACIÓN DA PANCARTA