jueves, 31 de marzo de 2011

Campaña "Galeguización do comercio"

Por que todas as pegatinas que aparecen nos agasallos están sempre en castelán?? Por que nunca as vemos en galego?? 
O alumnado do IEs Fontem Albei pensou niso e idou unha campaña de galeguización do comercio na Fonsagrada. En que consistiu??? Pois moi sinxelo!!! Coa axuda da profe de plástica, Paula, creamos diferentes deseños a partir de montaxes manuais con diversos materiais ( tesoiras, papeis, plastilina, chupa-chups, bombillas, fíos.....). Despois a profe fixo unha foto das diferentes creacións e..... deseño de pegatina creado!!! O único que nos faltaba era pór o texto en galego. De todo isto, saíron unhas pegatinas para poder felicitar diferentes datas signifivativas. A última tarefa.... pois repartir unha plantilla de pegatinas a cada comercio da Fonsagrada. Queres ver como quedaron????


viernes, 25 de marzo de 2011

"Yu Ming is ainm dom" de Daniel O`Hara





Aquí tedes unha curta irlandesa, Yu Ming is ainm dom de   Daniel O`Hara. Yu Ming aborrece a súa vida na China. Por iso, decide comezar unha nova en Irlanda. Antes da súa viaxe, formase con gran paixón na cultura e lingua irlandesas. Mais ao chegar a Dublin levará unha sorpresa.

"Yu Ming is ainm dom" (Yu Ming é o meu nome) é unha curta que nos fala de ilusións frustradas e de esperanza, pero que, sobretodo, lembra o ridículo de perder a identidade e substituíla por unha que é estraña e imposta.

Podería gardar similitude coa realidade da nosa lingua??? Non dista moito non???

jueves, 17 de marzo de 2011

Convocatoria para a portada da revista PENA DO VENTO

Necesitamos a túa portada para a revista Pena do vento
Os que desexen presentar a súa portada para a revista do curso 2010-11, deben facelo entregando os seus traballos antes do 6 de maio.
Podedes enviar as vosas portadas ao seguinte correo electrónico, edlfontemalbei@gmail.com
Os responsables da redacción da revista realizarán unha selección das portadas de maior calidade e despois todo o alumnado poderá votar para elixir a mellor.
O gañador recibirá un agasallo do centro.
IMAXINA, CREA, PARTICIPA..... SACA O ARTISTA QUE LEVAS DENTRO!!


miércoles, 16 de marzo de 2011

Obradoiro de banda deseñada

O xoves, 3 de marzo, visitounos o ilustrador vigués Abraham Carreiro. Ensinounos varios métodos para dar vida a un personaxe dun cómic. O primeiro paso foi crear un debuxo sinxelo e logo deseñarlle na cara unha expresión moi esaxerada. Tamén nos comentou a importancia de colorear axeitadamente os debuxos para dar sensación de calor ou frío. En definitiva, a charla versou sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración. ( Nuria 3º ESO )