martes, 31 de octubre de 2017

CAMIÑATA LAMAS DE MOREIRA - A SEIMEIRA

Un curso máis o Departamento de Educación Física coa colaboración do EDL organizou unha camiñata coa participación de todo o alumnado do centro.
Ao mesmo tempo,convocouse un concurso fotográfico, para recoller aqueles momentos e paisaxes que no OUTONO chamaron especialmente a atención dos participantes.
Tivo moi boa acollida e participación.






 
 


 






miércoles, 25 de octubre de 2017

O SAMAÍN 2017














OBRADOIRO DE CABAZAS


O Departamento de  Educación Plástica e Visual  coa colaboración do EDL,organizou un interesante obradoiro de cabazas para celebrar o SAMAÍN.
 Repartíronse grandes premios e moita participación!!!

miércoles, 4 de octubre de 2017

VISITA Á PENA PARDA


Hoxe venres día 4 de outubro fomos invitados polo grupo de arqueólogos a visitar Pena Parda (S.Cibrán-A Fonsagrada).
A localización do emplazamento dun campamento romano suscitou gran interés no alumnado sobre todo de 1º e 2º da ESO que están a traballar no Proxecto : Por que se celebra o ARDE LUCUS?
Os materiais que se amosan foron compartidos con nós polo grupo de traballo e agradecemos enormemente a posibilidade de amosalos no noso Blog de Dinamización.
Grazas a todos eles e  especialmente a  D.José Manuel Costa García pola súa atención para co alumnado e con nós, os profesores acompañantes.