miércoles, 29 de enero de 2014

Visitamos o Museo etnográfico da Fonsagrada

A nosa visita ao Museo Etnográfico da Fonsagrada foi todo un éxito e pareceunos de grande interese e moi recomendable para todos aqueles centros educativos que se acheguen a este concello.
En concreto, centrámonos nas seccións da exposición da escola e da música, na cal se expoñen birimbaos e trompas da zona e tamén na estupenda exposición de Carmen Carral Pérez.

Dende aquí queremos agradecerlles á secretaria do padroado, Esperanza, a visita guiada e ás profesoras Carmen e Gloria ternos acompañado a 1º e 2º de ESO!










miércoles, 22 de enero de 2014

A toponimia do Courel

Nesta ocasión queremos presentarvos a obra Unha terra sementada de palabras. Investigación escolar sobre a toponimia courelá, realizada por un grupo de alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra baixo a coordinación da profesora Rosa Alonso Lozano.

Este traballo analiza aproximadamente 600 topónimos de dez parroquias do concello de Folgoso do Courel atendendo á súa etimoloxía, morfoloxía e semántica e podemos consultalo a través da páxina web de educa Barrié.




lunes, 20 de enero de 2014

O pleno do IES Pluringüe Fontem Albei

Con motivo da celebración dos 180 anos de historia provincial (1833-2013), o día 30 de novembro de 2013, a Deputación de Lugo convidounos a desenvolver unha serie de actividades centradas no estudo das provincias, en concreto, da provincia de Lugo.

O Departamento de Ciencias Sociais e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro durante unha semana achegámoslle ao alumnado a importancia e o sentido da división provincial do territorio e, centrádonos no Concello da Fonsagrada, concluímos a actividade cun animado pleno no cal os alumnos defenderon a necesidade da construción dun centro de día dito concello, para dar resposta ás necesidades reais da Fonsagrada.

Por suposto, a lingua galega estivo presente en toda a actividade!