jueves, 23 de mayo de 2013

CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Este ano fixemos unha celebración especial do Día das Letras Galegas. Levamos todo o ano profundizando na figura de Rosalía de Castro desde moi diferentes prespectivas conmemorando o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Dentro do noso Proxecto Rosalía queríamos renderlle unha sentida homenaxe a esta autora sen esquecer a Roberto Vidal Bolaño, home de teatro ao que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas.Así que os unimos nunha única celebración.

O acto comezou coa representación por parte dos alumnos de 4º ESO dun fragmento da obra de teatro Agasallo de Sombras de Roberto Vidal Bolaño e continou co recitado de poemas de Cantares Gallegos levado a cabo polos rapaces e rapazas de 3º ESO. Tamén se presentou o video co que estes últimos alumnos participaron no concurso Imaxina cantares! O final de festa foi cantando dúas composicións de Cantares Gallegos nun karaoke feito para a ocasión.

En definitiva, foi unha celebración moi emotiva e na que o pasamos moi ben. Se queredes ter máis información podedes ir ao blog do Proxecto Rosalía no enderezo proxecto-rosalía.blogspot.com














miércoles, 22 de mayo de 2013

Viaxe á Pobra do Caramiñal

O alumnado de 2º da ESO  foi quen de organizar unha saída de tres días para disfruta dun tempo de lecer e compañerismo pretiño do mar. Fíxeron todas as xestións e cálculos precisos para a estancia.Logo supervisados os presupostos e considerando que era viable conseguiron o permiso dos pais e que os acompañaramos os profesores Manuel e Gloria (Titora).
 O seu comportamento foi exemplar e aínda que o tempo non acompañou para disfrutar da praia ,pasarono moi ben. Xogamos ás cartas ao escondite...e compartimos sobre todo moito tempo de conversa.Parabéns a estas iniciativas do alumnado que amosa ter adquiridas competencias para a vida!!!
Se queredes ver máis fotos pinchade AQUI



viernes, 3 de mayo de 2013

Correlingua 2013. O galego,a chave do mundo.

Un ano mais participamos no Correlingua en Lugo. A verdade é que esta é unha das actividades nas que o Centro ven participando con asiduidade nos últimos anos e sempre o pasamos moi ben.
Hoxe o día axudou moito, porque tivemos unha mañá soleada para poder reivindicar que o galego é a chave do mundo mentres dabamos unha volta completa á muralla romana de Lugo.
Cando rematamos coa volta á muralla seguimos a festa na Praza de Santa María, onde nos comunicaron que foramos os gañadores do 2º Premio de Pancartas.
A festa non rematou ata a hora de comer,despois de desfrutar de bailes e risas.
Aquí tedes algunhas das fotos da xornada.O resto podedes velas no Facebook do Instituto.