martes, 21 de diciembre de 2010

VOTACIÓN PARA O LOGO DO EDL

Como xa sabes convocamos un concurso para o logo do EDL. Fixemos unha preselección entre os que se presentaron e foron 5 os que escollemos.
Agora tedes a oportunidade de elixir o que vos guste máis. Só tedes que ir a conserxería, dicir o voso nome e introducir na urna unha papeleta co número 1,2, 3,4 ou 5. O prazo está aberto ata o 22 de decembro.
Podes ver eses cinco logos no Taboleiro da Lingua ou a seguir.......

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Viaxe a Porto.

Os días 2 e 3 de novembro un grupo de 12 rapaces pertencentes a 2º e 4º da ESO fomos a Portugal a buscar o premio do proxecto Ponte...nas ondas!
O primeiro día, cando chegamos á cidade de Porto, leváronnos ao noso albergue que se atopaba fronte á desembocadura do río Douro. Alí deixamos a nosa equipaxe e saímos a coñecer a cidade. Visitamos o casco vello e a coñecida librería Lello de Porto, famosa por ser inspiración dun dos escenarios que aparecen na novela de Harry Potter. Logo ceamos na beira do Douro, onde o pasamos moi ben.
O segundo día, de camiño a Maia, lugar da entrega do premio, observamos as praias da cidade que son moi bonitas.Cando chegamos a Maia sorprendémonos ao ver o grande e elegante que era o recinto que albergaba a recollida dos galardóns. Alí primeiro fixemos unhas fotos  e logo entramos no salón de actos onde había moitos cursos de diversos colexios, institutos e universidades de Galicia e Portugal que tamén foran premiados.
 Logo de recibirmos todos os premios e o obsequio dunha pequena maqueta representativa dun barco típico de Porto, chamado barco rabelo (polo que alí nos explicaron) fomos convidados a unha comida coa que puidemos degustar, entre outras cousas, migas de bacallao, ensalada e pasteis de coco e chocolate.
Despois de comer comezamos a nosa viaxe de volta,con dúas paradas: unha na fortaleza de Valença do Minho para dar un pequeno paseo e coñecer o lugar  e outra en Outletui, un centro comercial na fronteira entre Portugal e Galicia, alí puidemos facer algunha que outra compriña rápida para dirixirnos á nosa Fonsagrada, logo desta viaxe breve pero intensa.





Aquí tedes una pequena gravación da entrega do premio:

http://www.youtube.com/watch?v=o_yHn0xju5k




jueves, 11 de noviembre de 2010

Cinalbei

Cinalbei..... Tardes de cine no instituto.
O alumnado do IES Fontem Albei temos a posibilidade de ver cine en galego. Os mércores pola tarde, na hora de lecer, proxéctanse, pelis, documentais, curtas.....e así temos outra alternativa para pasar a tarde. Xa comezamos o pasado mércores , 3 de novembro, e vimos o vídeo que gañou o certame de Ponte nas Ondas. A seguinte peli vai ser Heroína e a seguir moitos títulos interesantes como Cela 211, O ano da carracha, A vida que che espera, etc , etc...
Agora que vai frío, que mellor forma de estar ao quente.......!!!!!
Animádevos e sacade a entrada...!!! (Alumnado 3º PDC)