viernes, 7 de abril de 2017

POESÍA EN INFINITAS LÍNGUAS

O Departamento de Latín organizou o acto do Día da Poesía que coincidiu co Día da Ábore polo que colaboramos no primeiro e organizamos o segundo.
Aquí amosamos  a presentación e vídeo elaborados.

Vídeo POESÍA EN INFINITAS LÍNGUAS


POESÍA EN INFINITAS LÍNGUAS

:




















RECITAL DE POESÍA (Departamento de Latín)

lunes, 3 de abril de 2017

OUTRAS IMAXES...










PROXECTOS PRESENTADOS











VÍDEO CONGRESO:UN CAMIÑO,MIL CULTURAS.


IMAXES DO CONGRESO











Proxecto gañador:Ppelegríns


O grupo de 2º ESO formado polos alumnos :
Fernando,Ana,Uxía,Carla,Lucía e Alba conseguiron convencer aos participantes e acadaron un merecido primeiro premio pola súa proposta Ppelegríns.
      O seu traballo consistiu en propoñer a elaboración dunha páxina Web innovadora,real e útil para os peregrinos.Por outra banda posibilita a sustentabilidade da paisaxe así como un aforro en tempo e diñeiro.
      PARABÉNS!!!


LUCÍA,ALBA,CARLA,UXÍA,FERNANDO,ANA

CONGRESO:UN CAMIÑO,MIL CULTURAS


UNIDADE INTERDISCIPLINAR
UN CAMIÑO, MIL CULTURAS
ONE WAY, A THOUSAND CULTURES


CURSOS: 2º , 3º E 4º DE ESO

AMBIENTACIÓN
A Fonsagrada, parada obrigatoria no camiño primitivo de Santiago, é un dos puntos de referencia para os peregrinos que percorren o citado camiño, que ven de ser nomeado Patrimonio da Humanidade. É fundamental que ese camiño sexa posto en valor e coidado polos habitantes da zona e, como é bastante mellorable tanto o trato ao peregrino como a accesibilidade do pobo, así como a proxección exterior que se pode dar da vila no mundo, consideramos que os nosos alumnos teñen moito que dicir ao respecto.
Tomamos como referencia o Código Ético Mundial para o Turismo, e, propoñemos aos nosos alumnos que adapten ese código ético ao camiño no seu paso pola Fonsagrada.
O proxecto ganador será levado a cabo ao longo do actual curso escolar e rematado no curso 2017-18.

OBXECTO:
O alumnado constituirase nun “Congreso” co fin de ensinar ao resto dos compañeiros do centro distintos proxectos de mellora da accesibilidade e de proxección da vila co gallo de que os peregrinos que se achegan á zona poidan disfrutar de todos os aspectos da contorna. A idea é que o seu proxecto se desenvolva para a Fonsagrada, pero sexa aplicable a calquera vila que se sitúe no camiño de Santiago.

TEMPORALIZACIÓN:
     O traballo interdisciplinar realizaríase a primeira  semana do terceiro trimestre (27 - 31 de marzo).Presentación o día 3 de abril.

     Cada materia, durante o mes de marzo, traballará aqueles aspectos que lle encaixen na súa programación coa actividade.