lunes, 11 de marzo de 2013

Hip Hop en Navia

O EDL do Fontem Albei e o de Navia de Suarna colaboraron para un obradoiro de Hip Hop o pasado  martes 5 de  marzo.
A xornada levouse a cabo no CPI de Navia de Suarna e asistiron os nosos alumnos e alumnas de 1º e 2º da E.S.O.
O MC García do grupo Dios que te Crew que están de xira conmemorando os 10 anos que levan facendo rap en galego foi o encargado de explicarlles como se facian letras de rap.
A rapazada quedou encantada coa experiencia,e esperemos que en eventos próximos nos deleiten coas suas creacións.
Se queredes ver as fotos do evento podedes velas todas no Facebook do Instituto.