miércoles, 29 de mayo de 2019

Día das Letras Galegas

O Día do Libro celebrámolo no instituto mediante un concurso: Seica Antón Fraguas deixou un legado, dentro dun cofre secreto que os alumnos tiñan que abrir, pero cómo? Pois seguindo uns códigos secretos que tiñan que descifrar do seguinte xeito: Por medio de emoticonos, tiñan que deducir unha serie de obras da Literatura Galega...
Déixovos as fotos cos códigos, e a gañadora do concurso, Celia, de 4º ESO. Noraboa!
PD: Por certo, as solucións son: Follas Novas, Merlín e Familia, Os vellos non deben namorarse, ¿Qué me queres, amor?, A praia dos afogados, Ollos de auga, Cartas de inverno, De catro a catro e Cantares galegos. 
















Día do Libro, 23 Abril

Fomentamos a lectura en tódolos ámbitos: prosa, poesía, cómic.... porque calquer momento é bó para ler.
Ademáis, ofrecemos ós alumnos a posibilidade de coñecer máis cousas desta data que xa é coñecida en todo o mundo, coma unha celebración e unha invitación á lectura.
Porque xa sabemos, que, LER, é outro xeito de viaxar!