O Día do Libro celebrámolo no instituto mediante un concurso: Seica
Antón Fraguas deixou un legado, dentro dun cofre secreto que os alumnos
tiñan que abrir, pero cómo? Pois seguindo uns códigos secretos que tiñan
que descifrar do seguinte xeito: Por medio de emoticonos, tiñan que
deducir unha serie de obras da Literatura Galega...
Déixovos as fotos cos códigos, e a gañadora do concurso, Celia, de 4º ESO. Noraboa!
PD: Por certo, as solucións son: Follas Novas, Merlín e Familia, Os vellos non deben namorarse, ¿Qué me queres, amor?, A praia dos afogados, Ollos de auga, Cartas de inverno, De catro a catro e Cantares galegos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario