viernes, 21 de octubre de 2016

CAMIÑATA O ACEVO-A FONSAGRADA POLO CAMIÑO PRIMITIVO

O próximo día 25 imos facer un tramo do Camiño Primitivo(O Acevo-A Fonsagrada) en colaboración co Departamento de Educación Física.
A actividade está dirixida a todo o alumnado do IESP Fontem Albei e aos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria.
Aproveitaremos para visitar o lugar onde estiveron soterrados os membros do Batallón Galicia e o Comandante Moreno. 
Esperemos que o tempo acompañe e poidamos disfrutar desta actividade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario