Para o 14 de febreiro de 2014, o EDL e o Equipo de Biblioteca
do centro convocaran o concurso I CERTAME DE CARTAS DE AMOR. O
xurado nomeado para tal fin fixo público o fallo, entregándose tres
premios no Salón de Actos do Centro. Ó acto acudiron, amais dos
premiados, o resto do alumnado do Centro, profesorado e o Equipo
Directivo. A Directora fixo entrega dos premios outorgados e os
gañadores leron os seus traballos. Traballos que agora publicamos aquí.
PRIMEIRO PREMIO
PRESO
DE POR VIDA
Querida Xana:
Son xa mil
momentos de amor ó teu carón. Mil instantes xuntos os que eu recordo e moitas
palabras coas que sonroxamos as nosas meixelas. Quizais nunca deixemos de dicirnos
todo o que nos queremos, o que nos amamos, o amor é así: nunca aparece o
cansanzo, nunca deixaremos de producir maxia cos nosos sentimentos.
E eu,
entre estas catro paredes en que me encontro, quero que cada palabra, cada
sílaba, cada son que saia dos teus beizos, me faga estremecerme; e aínda que xa
coñeza a túa voz, non poido deixar de sentila, porque cada vez que te escoito
vólvome namorar de ti unha e mil veces.
Quérote
seguir escoitando; sen reixas, sen paredes, sen ningún obstáculo que non me
permita facelo, porque a túa voz é a miña forza.
Ninguén
me vai a sacar deste antro, seino dende fai moito tempo, cando deixaron de
visitarme e traerme novas deste mundo que coñezo tan ben, deste mundo que
incumprín e por iso me encontró aquí. Só, moi só.
Memoricei
cada parte do teu corpo, cada anaco dos teus beizos, cada sorriso, cada mirada.
Memoriceite e iso faime non perdela esperanza. Esperanza de saír de aquí, de
terte nos meus brazos e non soltarte xamais. Esperanza de que me queiras,
porque se non o fas, serei un preso de por vida.
Despídome
de ti, non sen dicirche que agora non te
escoito, pero minto, gardei as túas palabras baixo a almofada coa que comparto
os meus soños. Soños nos que apareces sempre ti.
![]() |
Elena Regueiro Mesa / Adrián López Toimil |
SEGUNDO PREMIO
AMOR
PROPIO
Estás aquí e estás
ausente,
eres meu e véxote no alleo.
Evádeste por segundos verbos;
deixando só recelo no meu seo.
Desestimos a vital
harmonía,
efímera, perpetua, contraria;
estimas a mortal aflición,
rival, compañeira e partidaria.
Mais se non existes nas
entrañas,
mudas o dichoso en pesimista.
E se en demasía te atopas,
tornas o modesto en narcisita.
Amarse a un mesmo é o comezo
dunha historia de amor eterno.
TERCEIRO PREMIO
PEQUENO SOÑO DE PRIMAVERA
Fúcheste igual que viñeches. Sen importarche nada o que
deixabas atrás, e endexamais te xiraches para mirar.
Non ves que estou chorando?. Non
ves as miñas mágoas?. Non sintes nada?. Non pides perdón?.
Déixame e vaite, vaite lonxe, que o meu corazón xa non te
precisa. É tan difícil quererte así, de lonxe … Déixame así, en anaquiños, coma
unha boneca de cristal na que ti me convertiches.
Quizais non amosei os meus sentimentos, quizais tan só
porque tiña medo. Medo de ti e de min,
de min e de ti. Medo ao que sinto.
Chegaches e fúcheste. Fúcheste e contigo vaise o meu ser.
E agora estás lonxe, pequeño sono de primavera, tan lonxe que xa non te sinto.
E foxen as bágoas polos meus beizos. Foxen igual que os meus sentimentos, que
quedan atrapados nun papel, do que non obterei resposta. Quedan marcados coma o
lume debaixo da pel. E como chegaches, fúcheste, acabando de romperme.
Non sufras, non sintas, corazón de meu. Os ollos acabarán
secando e ti … ti deixarás de sentir, quizais para sempre.
A miña ilusión, o meu erro. O meu sono, iso serás. Un
sono que se fixo pesadelo.
E agora, coas miñas feridas abertas, despídome de ti,
pequeño sono de primavera, mentras o meu sentir queda nun papel, un papel
calquera.
Como chegaches, fúcheste. Como cheguei, ireime. Pequeño
sono, pequeño sono de primavera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario