O día 30 de xaneiro o Equipo da Biblioteca do centro e o EDL fixeron varias actividades consistentes fundamentalmente en murais, carteis e poesías. Como mostra, unha fotografía do símbolo da PAZ, feito polo alumnado do centro un día antes na neve, e 10 poesías pola PAZ, que aquí se recollen. |
10 POEMAS POLA PAZ
CANTAROLA
DOS NENOS
Amiguiños
todos,
amiguiños
xa,
os
nenos de aquí,
e
os nenos de alá.
Os
nenos do mundo
todos
a cantar
a
unha mesma voz
collidos
da man.
Cantarola
nosa
de
amor e de paz.
Leda
cantarola,
ledo
rebuldar.
Rolda
de sorrisos
dende
mar a mar,
corazóns
abertos,
ollos
de amigar.
Amiguiños
todos,
amiguiños
xa,
os
nenos de aquí
os
nenos de alá.
Xosé
Neira Vilas
Cantarolas.
Ed. Xerais
VENTOS
Que
veña o vento fungón,
que
lle quero preguntar
a
cor dos ollos das nubes,
a
cor dos ollos do mar.
Eu
coido que son azuis,
verdes,
grises, de cristal,
mais
calquera cor que teñan
serán
sempre a cor da paz.
Antonio García
Teijeiro
Ventos.
Ed. Xerais
A
PAZ
A
paz
abafa calada
nas
casas
da
gran Bagdag.
Bagdag
agarda
mañás
calmas
bañadas
en paz.
A
paz
calza alpargatas,
balas
calza
a
arma fatal.
Bagdag
arrastra
palabras
mancadas
tras
as armas vas.
A
paz,
palabra
tan cara,
a
paz
palabra cabal.
Bagdag
agarda
a
paz
da nácara,
prata,
ámbar, ananás.
Elvira Rivero
Tobío
Palabras
Brancas. Ed. Xerais
BASTA
Basta
a paz
maltratada,
ás trampas
canallas,
ás malvadas
lacras: basta!
Basta a
fatal labazada,
ás casas
arrasadas,
ás falsas
fazañas:
basta!
Basta ás
mans asañadas,
ás falas
malfaladas,
ás malas
malandanzas:
basta!
Basta ás
amargas palabras.
Grazas ás
palabras plantadas
nas
landas da paz.
Elvira
Rivera Tobío
Palabras Brancas.
Ed. Xerais
SÓ
TRES LETRAS
Só
tres letras, tres letras nada máis,
só
tres letras que para sempre aprenderás.
So
tres letras para escribir PAZ.
O
P,
o A
e o Z,
só tres letras.
Só
tres letras, tres letras nada máis,
para
cantar PAZ,
para facer PAZ.
O
P
de pobo, o A
de amar
e
o Z
de zafiro ou de rapaz.
(De
zafiro por un mundo azul,
de
rapaz por un neno coma ti).
Gloria
Fuertes
Aquí paz y
además Gloria. Susaeta
UN SOLDADO
DETRÁS
DUN
FUSIL
Un soldado
detrás dun fusil, detrás dunha bala,
detrás
doutra bala, detrás doutra bala,
detrás
dou...
é
unha
enorme
parvada.
Gloria Sánchez
Construír a paz. Ed. Xerais
LEMBRANZA PARA
ALÍ
SMAÍN
Choven balas
Seres berran
Arden vilas
Queiman leiras
Caen nenos
Chora a terra
Xeme o pobo
Pingas negras
Cicatrices
Dor vermella
Destrución
Chuvia cega
Berros tristes
Dor marela
Choven balas
E miseria
Noite fría
Tristes guerras
Tristes guerras
Nace o medo
Chora a terra.
Antonio García
Teijeiro
Chove nos versos.
Ed. Xerais
O
NENO E O XABARÍN
Xabarín,
xabarín,
que fas
no meu xardín?
Busco un
brinquedo
neste
lindo arboredo.
Xoguemos
no arredor
a
xabarín e cazador.
Eu non
gosto da guerra
só
quero paz
nesta terra.
Xabarín,
xabarín,
tocarás
no meu violín?.
Neste
lugar de soidade
faremos
a nosa amizade.
Xosé
Lois García
A Figueira
lingoreteira. Ed. do Castro.
O
REINO
No tempo aquel
cando os animais
falaban,
dicir liberdade
non era triste.
Dicir verdade
era coma un río,
dicir amor,
dicir amigo,
era igual que
nomear a primavera.
Ninguén sabía
dos aldraxes.
Cando os animais
falaban
os homes
cantaban nos solpores
pombas de luz e
xílgaros de soños.
Dicir teu e meu,
non se entendía,
dicir espada
estaba prohibido,
dicir prisión
soamente era unha verba
sen senso, un
aire que mancaba
o corazón da
xente.
Cando,
cando se perdeu
este gran
Reino?.
Celso Emilio
Ferreiro
Longa noite de
pedra.
TEÑO
UN CORAZÓN SENLLEIRO
Teño un corazón senlleiro
e
orfo na noite fría.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño
a sorte fuxidía.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Está
mudo o reixiñol
que
outrora cantar solía.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Que está comigo a
esperanza
liando
fía que fía...
Ela
fía e eu confío
no
albor do novo día.
Celso
Emilio Ferreiro
Escolma poética.
Factoría K de libros
No hay comentarios:
Publicar un comentario