jueves, 9 de junio de 2011

TELEXORNAL: Lois Pereiro


Durante este dous últimos meses estivemos gravando un Telexornal sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas,  o monfortino Lois  Pereiro. Proximamente haberá unha proxección no salón de actos e difundirémolo a través dos nosos blogues. O formato é unha mestura entre un telexornal e un late show.
Ímosvos explicar como se xermolou todo o proxecto.
O primeiro día, Iria e eu estabamos bastante expectantes pois non sabiamos moi ben de que ía a cousa. Cando chegamos ao salón de actos, onde tiñamos o noso “plató”, Sabela, Evaristo e Rubén comezaron a explicarnos como ía ser a gravación. Dixéronnos que non querían facer un telediario, unha cousa seria, senón algo humorístico. Así, fomos gravando os distintos actos do guión, que se dividía en nove. Pero, cando iamos gravando, a Sabela, a nova “Almodóvar”, íanselle ocorrendo frases e señas para introducir no guión. Iamos avanzando a bastante bo paso, ata que nos atascamos en dous actos, o cuarto e o sétimo. Custounos sacalos, o cuarto porque era moi longo e o sétimo porque non parabamos de facer modificacións no guión. Así, o venres 13 de maio, acabamos o traballo. Pero aquí chega a maior anécdota da gravación, cando xa a remataramos e cando xa marchabamos, Evaristo avisou de que, por erro, borrara o último acto. Por sorte, o último acto saíranos bastante ben e non necestitamos máis de dúas tomas para rematalo.

O guión sobre Lois Pereiro consta de 9 actos ( trátase de escenificar programas similares ao de Buenafuente ou Gran Wyoming) onde aparecen presentadores en plató e reporteiros na rúa á caza da breve entrevista que nos poida achegar máis información sobre o este autor.
A través destes espontáneos coñeceremos aspectos do nacemento, estudos, vida e obra: Monforte, Loia, Conversa Ultramarina, enfermidade,...).
En breve che amosaremos este traballo audiovisual tan ambicioso.
                                                                                                 
                                                                                               Jorge López ( 3º ESO )




No hay comentarios:

Publicar un comentario