jueves, 19 de mayo de 2011

DISCURSO Correlingua

Aquí tes o discurso que, Jorge López  de 3º e Irene Barreira de 2º ,  pronunciaron na entrega do premio do vídeo "Eu falo galego porque..." en Santiago.

Ola a todos e a todas!
Quixeramos en primeiro lugar agradecer a concesión deste premio a aquelas persoas que apreciastes as gañas e o agarimo postos neste traballo.
Grazas aos compañeiros e compañeiras do IES FONTEM ALBEI da Fonsagrada que prestaron a súa voz e a súa imaxe para reivindicar a lingua que falan a cotío.
Grazas tamén aos profesores como Carme, a mellor dinamizadora lingüística que pode haber e a Sabela e a Evaristo que coas súas fundamentais achegas técnicas lograron que videio fose un éxito.
Non queremos esquecer tampouco a todos aqueles profes e persoas que nos rodean que nos fan valorar un pouco máis o que temos de noso.

En fin, estamos moi orgullosos de estar aquí recibindo este galardón, e estamos moi moi orgullosos de vivir nesta marabillosa terra e de poder falar unha lingua que nos fai ser o que somos.
E, como a cabeza non para, queremos aproveitar a ocasión para aconsellarvos que non vos deixedes levar por prexuízos inútiles que enturbian a mirada. Sode libres e amade sempre o voso, e logo xa falaremos (EN GALEGO, MADIA LEVA!)

Moitas grazas

No hay comentarios:

Publicar un comentario