miércoles, 19 de diciembre de 2018

Dia contra a Violencia de Xénero

O pasado día 25 de Novembro, celebramos o Día da Violencia de Xénero no noso centro. Unha das propostas promovidas polo Equipo de Dinamización Lingüística foi a de crear un concurso de relato curto titulado "Paralo está nas túas mans".
Para eso tivemos a ben contar coa colaboración do Concello, que tan amablemente aceptou a nosa solicitude de participación neste evento, para que estivese aberto non só ós nosos alumnos senón a todos os habitantes do pobo, a modo de concienciación con este problema social, desgraciadamente, cada vez máis común e presente na nosa sociedade.
Dado que nesta data non se puideron entregar os premios (cadraba en domingo), propuxemos a entrega dous días despois no salón de actos do noso instituto. Antes de rematar o evento, os gañadores leron os seus relatos.
Dende o Equipo de Dinamización Lingüística queremos agradecer a todos os participantes a súa colaboración no concurso, e coidamos que non se quede nunha primeira edición, senón que haxa edicións posteriores.





Felicitar tamén ós alumnos Lur Perona e Uxía Castro de 4º ESO, gañadores do segundo e terceiro premio respectivamente, que consistían en dúas tablets.

No hay comentarios:

Publicar un comentario