viernes, 16 de noviembre de 2018

Visita ó Monasterio Budista Chu Sup Tsang

Grazas á colaboración do departamento de Relixión, tivemos o placer de realizar esta interesantísima visita ó Monasterio Budista de Chu Sup Tsang, en Ventoselo (San Amaro, Ourense).
Tivemos o privilexio de que nos atenderan moi cordialmente, e temos que agradecer sobre todo a Paz que nos tratara con tanto agarimo e nos explicase tan ben cómo é esta forma de vida, tan descoñecida para nos.
Pola tarde aproveitamos e fomos a ver o Monasterio de Oseira (Cea, Ourense) e poidemos comparar e atopar as semellanzas entre as dúas relixións: estilos de vida, pensamento, etc.
Teño que dicirvos que foi un día moi interesante, e que de seguro que voltaremos moi pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario