miércoles, 28 de diciembre de 2016

PALABRA DO ANO 2016 "IRMANDADE"

  «Irmandade», elixida por votación popular Palabra do Ano 2016 O termo impúxose con 623 votos dos máis de 2.000 emitidos a «porcoril», «alburgada», «eleccións», «populismo» e «xenofobia»      Un termo para acabar o ano cunha mensaxe de solidariedade e reivindicación. Irmandade foi elixida Palabra do Ano 2016 na votación popular que promove o Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Foron 623 votos das máis de dúas mil persoas que participaron no proceso final de selección e que permitiron a irmandade impoñerse ás outras cinco palabras que competían pola distinción. Unha escolla acaída polo significado da palabra -«Relación estreita de afecto que resulta de convivir ou de compartir unha maneira de pensar» na primeira acepción do Dicionario da RAG e «Asociación de persoas que teñen os mesmos ideais, a mesma crenza en determinada materia, fundamentalmente de tipo relixioso» na segunda-, que remite a un concepto de solidariedade, necesario máis ca nunca en tempos difíciles e incertos. Pero tamén axeitada pola celebración neste 2016 do centenario da constitución das Irmandades da Fala, un movemento a prol da lingua galega e da dignificación de Galicia cuxo exemplo mantén a vixencia.
X. FRAGA2016/12/28

No hay comentarios:

Publicar un comentario