jueves, 23 de mayo de 2013

CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Este ano fixemos unha celebración especial do Día das Letras Galegas. Levamos todo o ano profundizando na figura de Rosalía de Castro desde moi diferentes prespectivas conmemorando o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Dentro do noso Proxecto Rosalía queríamos renderlle unha sentida homenaxe a esta autora sen esquecer a Roberto Vidal Bolaño, home de teatro ao que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas.Así que os unimos nunha única celebración.

O acto comezou coa representación por parte dos alumnos de 4º ESO dun fragmento da obra de teatro Agasallo de Sombras de Roberto Vidal Bolaño e continou co recitado de poemas de Cantares Gallegos levado a cabo polos rapaces e rapazas de 3º ESO. Tamén se presentou o video co que estes últimos alumnos participaron no concurso Imaxina cantares! O final de festa foi cantando dúas composicións de Cantares Gallegos nun karaoke feito para a ocasión.

En definitiva, foi unha celebración moi emotiva e na que o pasamos moi ben. Se queredes ter máis información podedes ir ao blog do Proxecto Rosalía no enderezo proxecto-rosalía.blogspot.com














No hay comentarios:

Publicar un comentario