Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Fontem Albei queremos desexarvos a todos e a todas vós un Bo Nadal e un próspero 2014.
lunes, 23 de diciembre de 2013
viernes, 28 de junio de 2013
Bo verán....!!!
A toda a Comunidade Educativa ,moitísimas grazas por facer posible a realización das actividades programadas no presente curso 2012-13.Grazas pola vosa colaboración e axuda.Entre todos é posible.
Bo verán !!!!
Aula de produtos lácteos USC
Rematamos o curso cunha xincana proposta pola Aula de productos lácteos da USC. Os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO en grupos de 4 e acompañados por un profesor en cada grupo recorreron A Fonsagrada resolvendo probas da xincana. Foi unha mañá do máiss entretida que tivo como premio unha tablet para cada un dos integrantes do equipo gañador. Foi unha boísima maneira de rematar o curso!!!
Se queres ver as fotos pincha AQUI
jueves, 27 de junio de 2013
A POLA VILA
A Pola Vila é o xornal que realizaron os alumnos/as de 4º da ESO coa axuda dos profesores Delia Polo e Gabino González. Dentro do xornal realizaron reportaxes sobre distintas actividades do plan realizadas no primeiro trimestre.
jueves, 6 de junio de 2013
Premios Letras Galegas 2013.
Na convocatoria da Biblioteca Pública Municipal resultaron gañadores os nosos alumnos e alumnas tanto no certame de debuxo como da narrativa.
Noraboa e a seguir participando!
CARTEIS GAÑADORES:
PREMIOS DE NARRATIVA:
Noraboa e a seguir participando!
CARTEIS GAÑADORES:
![]() |
| MARÍA GLORIA FERNÁNDEZ(1º E.S.O A) |
![]() |
| ROCÍO LÓPEZ(1º E.S.O A) |
![]() |
| DANIEL RODRÍGUEZ (1ºE.S.O A) |
PREMIOS DE NARRATIVA:
Resultaron gañadoras as alumnas :Lara Arias e Irene Barreira de 4º da E.S.O e Marta Álvarez de 3º da E.S.O.
jueves, 23 de mayo de 2013
CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano fixemos unha celebración especial do Día das Letras Galegas. Levamos todo o ano profundizando na figura de Rosalía de Castro desde moi diferentes prespectivas conmemorando o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Dentro do noso Proxecto Rosalía queríamos renderlle unha sentida homenaxe a esta autora sen esquecer a Roberto Vidal Bolaño, home de teatro ao que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas.Así que os unimos nunha única celebración.
O acto comezou coa representación por parte dos alumnos de 4º ESO dun fragmento da obra de teatro Agasallo de Sombras de Roberto Vidal Bolaño e continou co recitado de poemas de Cantares Gallegos levado a cabo polos rapaces e rapazas de 3º ESO. Tamén se presentou o video co que estes últimos alumnos participaron no concurso Imaxina cantares! O final de festa foi cantando dúas composicións de Cantares Gallegos nun karaoke feito para a ocasión.
En definitiva, foi unha celebración moi emotiva e na que o pasamos moi ben. Se queredes ter máis información podedes ir ao blog do Proxecto Rosalía no enderezo proxecto-rosalía.blogspot.com
miércoles, 22 de mayo de 2013
Viaxe á Pobra do Caramiñal
O alumnado de 2º da ESO foi quen de organizar unha saída de tres días para disfruta dun tempo de lecer e compañerismo pretiño do mar. Fíxeron todas as xestións e cálculos precisos para a estancia.Logo supervisados os presupostos e considerando que era viable conseguiron o permiso dos pais e que os acompañaramos os profesores Manuel e Gloria (Titora).
O seu comportamento foi exemplar e aínda que o tempo non acompañou para disfrutar da praia ,pasarono moi ben. Xogamos ás cartas ao escondite...e compartimos sobre todo moito tempo de conversa.Parabéns a estas iniciativas do alumnado que amosa ter adquiridas competencias para a vida!!!
Se queredes ver máis fotos pinchade AQUI
O seu comportamento foi exemplar e aínda que o tempo non acompañou para disfrutar da praia ,pasarono moi ben. Xogamos ás cartas ao escondite...e compartimos sobre todo moito tempo de conversa.Parabéns a estas iniciativas do alumnado que amosa ter adquiridas competencias para a vida!!!
Se queredes ver máis fotos pinchade AQUI
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




