jueves, 23 de mayo de 2013
CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano fixemos unha celebración especial do Día das Letras Galegas. Levamos todo o ano profundizando na figura de Rosalía de Castro desde moi diferentes prespectivas conmemorando o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Dentro do noso Proxecto Rosalía queríamos renderlle unha sentida homenaxe a esta autora sen esquecer a Roberto Vidal Bolaño, home de teatro ao que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas.Así que os unimos nunha única celebración.
O acto comezou coa representación por parte dos alumnos de 4º ESO dun fragmento da obra de teatro Agasallo de Sombras de Roberto Vidal Bolaño e continou co recitado de poemas de Cantares Gallegos levado a cabo polos rapaces e rapazas de 3º ESO. Tamén se presentou o video co que estes últimos alumnos participaron no concurso Imaxina cantares! O final de festa foi cantando dúas composicións de Cantares Gallegos nun karaoke feito para a ocasión.
En definitiva, foi unha celebración moi emotiva e na que o pasamos moi ben. Se queredes ter máis información podedes ir ao blog do Proxecto Rosalía no enderezo proxecto-rosalía.blogspot.com
miércoles, 22 de mayo de 2013
Viaxe á Pobra do Caramiñal
O alumnado de 2º da ESO foi quen de organizar unha saída de tres días para disfruta dun tempo de lecer e compañerismo pretiño do mar. Fíxeron todas as xestións e cálculos precisos para a estancia.Logo supervisados os presupostos e considerando que era viable conseguiron o permiso dos pais e que os acompañaramos os profesores Manuel e Gloria (Titora).
O seu comportamento foi exemplar e aínda que o tempo non acompañou para disfrutar da praia ,pasarono moi ben. Xogamos ás cartas ao escondite...e compartimos sobre todo moito tempo de conversa.Parabéns a estas iniciativas do alumnado que amosa ter adquiridas competencias para a vida!!!
Se queredes ver máis fotos pinchade AQUI

viernes, 3 de mayo de 2013
Correlingua 2013. O galego,a chave do mundo.
Un ano mais participamos no Correlingua en Lugo. A verdade é que esta é unha das actividades nas que o Centro ven participando con asiduidade nos últimos anos e sempre o pasamos moi ben.
Hoxe o día axudou moito, porque tivemos unha mañá soleada para poder reivindicar que o galego é a chave do mundo mentres dabamos unha volta completa á muralla romana de Lugo.
Cando rematamos coa volta á muralla seguimos a festa na Praza de Santa María, onde nos comunicaron que foramos os gañadores do 2º Premio de Pancartas.
A festa non rematou ata a hora de comer,despois de desfrutar de bailes e risas.
Aquí tedes algunhas das fotos da xornada.O resto podedes velas no Facebook do Instituto.

lunes, 11 de marzo de 2013
Hip Hop en Navia
O EDL do Fontem Albei e o de Navia de Suarna colaboraron para un obradoiro de Hip Hop o pasado martes 5 de marzo.
A xornada levouse a cabo no CPI de Navia de Suarna e asistiron os nosos alumnos e alumnas de 1º e 2º da E.S.O.
O MC García do grupo Dios que te Crew que están de xira conmemorando os 10 anos que levan facendo rap en galego foi o encargado de explicarlles como se facian letras de rap.
A rapazada quedou encantada coa experiencia,e esperemos que en eventos próximos nos deleiten coas suas creacións.
Se queredes ver as fotos do evento podedes velas todas no Facebook do Instituto.

viernes, 8 de febrero de 2013
Antroido 2013
Un ano máis celebramos o Antroido con moita participación e afluencia de público tanto disfrazado como sen disfrazar.
A calidade dos participantes foi boísima poñendo en serios apuros ó xurado,que incluso tivo que conceder un Accésit.
Xa estamos argallando para que oano que ben sexa aínda máis sonado. A crise non nos pon medo porque o noso IES está a moita altura !!! Podedes ver todas as fotos no Facebook do Instituto.

viernes, 21 de diciembre de 2012
O Nadal
O EDNL promoveu para este Nadal unha serie de actividades interdisciplinares que dende logo animaron e promoveron o espíritu navideño.
Colocouse un Nacemento feito polos alumnos con pedras recollidas no Río Naraxa (Pena do Inferno) que acabaron convertindo en figuriñas do nacemento.
Tamén colocamos e decoramos un abeto traído de Lamas de Campos.
Houbo un concurso de postais con traballos de moita calidade e cuantiosos premios.
E para rematar a festa...Atrapalla un millón (de fonsis, que foi a moeda creada para a ocasión) e o karaoke, do cal disfrutamos tanto profesores como alumnos.
Deixámosvos esta videofelicitación na que vos felicitamos dende o IESP Fontem Albei
Bo Nadal e ata a volta! Pincha en NADAL 2012 e verás todas as fotos.

martes, 18 de diciembre de 2012
O Magosto
Outro ano máis celebramos o magosto no IES Fontem Albei. Foi unha xornada chea de xogos,risas,bailes con gaita galega e por suposto con castañas.
O alumnado participou na souta, castañas en cadea e o baile da castaña.
Os profes tamén nos unimos a eles pasando un momento lúdico único.
Se queredes ver as fotos non tedes que facer nada máis que pinchar AQUÍ e chegaredes ó Facebook do Instituto onde están todas colgadas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)