miércoles, 22 de enero de 2014

A toponimia do Courel

Nesta ocasión queremos presentarvos a obra Unha terra sementada de palabras. Investigación escolar sobre a toponimia courelá, realizada por un grupo de alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra baixo a coordinación da profesora Rosa Alonso Lozano.

Este traballo analiza aproximadamente 600 topónimos de dez parroquias do concello de Folgoso do Courel atendendo á súa etimoloxía, morfoloxía e semántica e podemos consultalo a través da páxina web de educa Barrié.




lunes, 20 de enero de 2014

O pleno do IES Pluringüe Fontem Albei

Con motivo da celebración dos 180 anos de historia provincial (1833-2013), o día 30 de novembro de 2013, a Deputación de Lugo convidounos a desenvolver unha serie de actividades centradas no estudo das provincias, en concreto, da provincia de Lugo.

O Departamento de Ciencias Sociais e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro durante unha semana achegámoslle ao alumnado a importancia e o sentido da división provincial do territorio e, centrádonos no Concello da Fonsagrada, concluímos a actividade cun animado pleno no cal os alumnos defenderon a necesidade da construción dun centro de día dito concello, para dar resposta ás necesidades reais da Fonsagrada.

Por suposto, a lingua galega estivo presente en toda a actividade!






lunes, 23 de diciembre de 2013

Bo Nadal e Feliz 2014!


Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Fontem Albei queremos desexarvos a todos e a todas vós un Bo Nadal e un próspero 2014. 




viernes, 28 de junio de 2013

Bo verán....!!!


A toda a Comunidade Educativa ,moitísimas grazas por facer posible a realización das actividades programadas no presente curso 2012-13.Grazas pola vosa colaboración e axuda.Entre todos é posible.

                                                Bo verán !!!!

Aula de produtos lácteos USC

Rematamos o curso cunha xincana proposta pola Aula de productos lácteos da USC. Os rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO en grupos de 4 e acompañados por un profesor en cada grupo recorreron A Fonsagrada resolvendo probas da xincana. Foi unha mañá do máiss entretida que tivo como premio unha tablet para cada un dos integrantes do equipo gañador. Foi unha boísima maneira de rematar o curso!!! Se queres ver as fotos pincha AQUI

jueves, 27 de junio de 2013

A POLA VILA

A Pola Vila é o xornal que realizaron os alumnos/as de 4º da ESO coa axuda dos profesores Delia Polo e Gabino González. Dentro do xornal realizaron reportaxes sobre distintas actividades do plan realizadas no primeiro trimestre.

jueves, 6 de junio de 2013

Premios Letras Galegas 2013.

Na convocatoria da Biblioteca Pública Municipal resultaron gañadores os nosos alumnos e alumnas tanto no certame de debuxo como da narrativa.
Noraboa e a seguir participando!

CARTEIS GAÑADORES:


MARÍA GLORIA FERNÁNDEZ(1º E.S.O A)
ROCÍO LÓPEZ(1º E.S.O A)
DANIEL RODRÍGUEZ (1ºE.S.O A)



PREMIOS DE NARRATIVA:
 Resultaron gañadoras as alumnas :Lara Arias e Irene Barreira de 4º da E.S.O e Marta Álvarez de 3º da E.S.O.