viernes, 8 de febrero de 2013

Antroido 2013

Un ano máis celebramos o Antroido con moita participación e afluencia de público tanto disfrazado como sen disfrazar.
A calidade dos participantes foi boísima poñendo en serios apuros ó xurado,que incluso tivo que conceder un Accésit.
Xa estamos argallando para que oano que ben sexa aínda máis sonado. A crise  non nos pon medo porque o noso IES está a moita altura !!! Podedes ver todas as fotos no Facebook do Instituto.



viernes, 21 de diciembre de 2012

O Nadal

O EDNL promoveu para este Nadal unha serie de actividades interdisciplinares que dende logo animaron e promoveron o espíritu navideño.
Colocouse un Nacemento feito polos alumnos con pedras recollidas no Río Naraxa (Pena do Inferno) que acabaron convertindo en figuriñas do nacemento.
Tamén colocamos e decoramos un abeto traído de Lamas de Campos.
Houbo un concurso de postais con traballos de moita calidade e cuantiosos premios.
E para rematar a festa...Atrapalla un millón (de fonsis, que foi a moeda creada para a ocasión) e o karaoke, do cal disfrutamos tanto profesores como alumnos.
Deixámosvos esta videofelicitación na que vos felicitamos dende o IESP Fontem Albei
Bo Nadal e ata a volta! Pincha en NADAL 2012 e verás todas as fotos.







martes, 18 de diciembre de 2012

O Magosto


Outro ano máis celebramos o magosto no IES Fontem Albei. Foi unha xornada chea de xogos,risas,bailes con gaita galega e por suposto con castañas.
O alumnado participou na souta, castañas en cadea e o baile da castaña.
Os profes tamén nos unimos a eles pasando un momento lúdico único.
Se queredes ver as fotos non tedes que facer nada máis que pinchar AQUÍ e chegaredes ó Facebook do Instituto onde están todas colgadas.









miércoles, 12 de diciembre de 2012

AQUÍ ESTAMOS......!!!!

Ola! A Seimeira da Língua volve a larapetear !!!! Entre o ecosistema dos cogomelos,samaín,magosto e  moita docencia.... xa chega o Nadal  e non damos feito...
Tivemos este blogue esquecido pero só por falta de tempo. Podedes ver pinchando AQUI todas as actividades que se foron facendo dende principio de curso.
Estade atentos porque chega o Nadal e iredes tendo novidades por este blogue.


jueves, 19 de abril de 2012

CORRELINGUA 2012

Para a edición do presente ano 2012 do concurso de vídeo do Correlingua, presentamos a creación que aparece a continuación. "El Greira",  que é como se fai chamar Óscar Díaz Mon, compuxo esta magnífica letra en defensa do noso idioma. Na interpretación aparece acompañado dun nutrido grupo de compañeiros e compañeiras de 2º de Bacharelato. Gañar non gañamos pero o pabillón do noso instituto quedou ben alto.


martes, 25 de octubre de 2011

Manuel, Mestre de lembranzas


Valoración do xurado

1º Premio: Ao proxecto presentados polo IES Fontem Albei, de A Fonsagrada (Lugo), coordinado por Delia Polo Losada, e que leva por título “Manuel, mestre de lembranzas”.
Valórase o tratamento dunha historia de vida como experimento didáctico e os resultados que, de forma indirecta, achegan ao alumnado a un mundo rural descoñecido para eles pero aínda vivo, e experimentado, na memoria de moitos dos seus conveciños.


1ª Parte


2ª Parte

jueves, 9 de junio de 2011

TELEXORNAL: Lois Pereiro


Durante este dous últimos meses estivemos gravando un Telexornal sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas,  o monfortino Lois  Pereiro. Proximamente haberá unha proxección no salón de actos e difundirémolo a través dos nosos blogues. O formato é unha mestura entre un telexornal e un late show.
Ímosvos explicar como se xermolou todo o proxecto.
O primeiro día, Iria e eu estabamos bastante expectantes pois non sabiamos moi ben de que ía a cousa. Cando chegamos ao salón de actos, onde tiñamos o noso “plató”, Sabela, Evaristo e Rubén comezaron a explicarnos como ía ser a gravación. Dixéronnos que non querían facer un telediario, unha cousa seria, senón algo humorístico. Así, fomos gravando os distintos actos do guión, que se dividía en nove. Pero, cando iamos gravando, a Sabela, a nova “Almodóvar”, íanselle ocorrendo frases e señas para introducir no guión. Iamos avanzando a bastante bo paso, ata que nos atascamos en dous actos, o cuarto e o sétimo. Custounos sacalos, o cuarto porque era moi longo e o sétimo porque non parabamos de facer modificacións no guión. Así, o venres 13 de maio, acabamos o traballo. Pero aquí chega a maior anécdota da gravación, cando xa a remataramos e cando xa marchabamos, Evaristo avisou de que, por erro, borrara o último acto. Por sorte, o último acto saíranos bastante ben e non necestitamos máis de dúas tomas para rematalo.

O guión sobre Lois Pereiro consta de 9 actos ( trátase de escenificar programas similares ao de Buenafuente ou Gran Wyoming) onde aparecen presentadores en plató e reporteiros na rúa á caza da breve entrevista que nos poida achegar máis información sobre o este autor.
A través destes espontáneos coñeceremos aspectos do nacemento, estudos, vida e obra: Monforte, Loia, Conversa Ultramarina, enfermidade,...).
En breve che amosaremos este traballo audiovisual tan ambicioso.
                                                                                                 
                                                                                               Jorge López ( 3º ESO )