viernes, 25 de marzo de 2011

"Yu Ming is ainm dom" de Daniel O`Hara





Aquí tedes unha curta irlandesa, Yu Ming is ainm dom de   Daniel O`Hara. Yu Ming aborrece a súa vida na China. Por iso, decide comezar unha nova en Irlanda. Antes da súa viaxe, formase con gran paixón na cultura e lingua irlandesas. Mais ao chegar a Dublin levará unha sorpresa.

"Yu Ming is ainm dom" (Yu Ming é o meu nome) é unha curta que nos fala de ilusións frustradas e de esperanza, pero que, sobretodo, lembra o ridículo de perder a identidade e substituíla por unha que é estraña e imposta.

Podería gardar similitude coa realidade da nosa lingua??? Non dista moito non???

jueves, 17 de marzo de 2011

Convocatoria para a portada da revista PENA DO VENTO

Necesitamos a túa portada para a revista Pena do vento
Os que desexen presentar a súa portada para a revista do curso 2010-11, deben facelo entregando os seus traballos antes do 6 de maio.
Podedes enviar as vosas portadas ao seguinte correo electrónico, edlfontemalbei@gmail.com
Os responsables da redacción da revista realizarán unha selección das portadas de maior calidade e despois todo o alumnado poderá votar para elixir a mellor.
O gañador recibirá un agasallo do centro.
IMAXINA, CREA, PARTICIPA..... SACA O ARTISTA QUE LEVAS DENTRO!!


miércoles, 16 de marzo de 2011

Obradoiro de banda deseñada

O xoves, 3 de marzo, visitounos o ilustrador vigués Abraham Carreiro. Ensinounos varios métodos para dar vida a un personaxe dun cómic. O primeiro paso foi crear un debuxo sinxelo e logo deseñarlle na cara unha expresión moi esaxerada. Tamén nos comentou a importancia de colorear axeitadamente os debuxos para dar sensación de calor ou frío. En definitiva, a charla versou sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración. ( Nuria 3º ESO )

martes, 25 de enero de 2011

XA TEMOS LOGO!!!

Presentámosche o logo do Equipo de Dinaminación Lingüística do IES Fontem Albei....!!!!!!
Aí está!! Que che parece???

lunes, 10 de enero de 2011

RESULTADOS DA VOTACIÓN PARA O LOGO DO EDL

Os resultados foron os seguintes:
  • Logo nº 1 de Cristina Álvarez ( 1º BAC) : 33 votos
  • Logo nº 2 de Noelia Arias ( 4º ESO ): 23 votos
  • Logo nº 3 de Pablo Ferreiro ( 4º ESO ): 17 votos
  • Logo nº4 de  Iria Cuervo ( 1º BAC): 24 votos
  • Logo nº5 de  Rubén Osorio ( 4º ESO ):  2 votos
  • Votos nulos: 2
  • Votos en branco: 2
TOTAL  PARTICIPANTES: 103
O xurado decidiu facer un "combinado" entre o logo nº1 e o nº2 por considerar que é unha forma de integrar o logotipo do centro.  En breve veredes o resultados e entenderedes a  razón. Seguro que vos gusta!!!!!!
Grazas a todos os participantes e PARABÉNS a Cristina, Iria e Noelia

martes, 21 de diciembre de 2010

VOTACIÓN PARA O LOGO DO EDL

Como xa sabes convocamos un concurso para o logo do EDL. Fixemos unha preselección entre os que se presentaron e foron 5 os que escollemos.
Agora tedes a oportunidade de elixir o que vos guste máis. Só tedes que ir a conserxería, dicir o voso nome e introducir na urna unha papeleta co número 1,2, 3,4 ou 5. O prazo está aberto ata o 22 de decembro.
Podes ver eses cinco logos no Taboleiro da Lingua ou a seguir.......